CONTO
DE NADAL
(Un
conto a oito voces: Paula Cascallar, Mª José Rubianes, Mª Carmen Rivadulla, Tere
Briones, Isabel Peleteiro, Augusto Guedes, Marisa Jamardo e Xermán Manuel Torres)
Unha tardiña fría, as
folerpiñas tras os cristais da miña fiestra, polo camiño deserto albiscábase
unha luz, como un farol ao lonxe. Seguindo o camiño do aire que sopraba, andaba
un carro cargado de ananos que tocaban con enfeitizo melodías e ao sacudir da
pandeireta, caeu unha estrela ao chan...
Prendendo o farol que
naquela soidade moraba unha ruína. O farol, en medio do lume, iluminou unha
casiña pequena, moi preto do lugar, onde vivía un pobre leñador con catro nenos
pequenos que xogaban alegres coa roda
dun carro moi vello... Rodaban felices pola estrada chea de neve, sen pensar se
habería algo que cear esa noite tan importante; a noite de Noiteboa...!!!
Nese intre os ananiños ao
ver tanta pobreza baixaron do carro con bolsas cheas de manxares doces, turróns...
para que ese pequenos xunta ao seu pai puideran pasar un Nadal feliz.
Naquela casa non parecía o
Nadal, polo que os ananiños foron buscar un daqueles pequenos abetos que
encontraron polo camiño. Ao volver decatáronse que ao lado do chan onde caera
aquela estrela había un envoltorio. Ao abrilo, estaba o Misterio: María, Xosé e
o Neno Xesús entre pallas. Levárono á casa do leñador e alí comezaron a
celebrar cos nenos ese Nadal.
Transcorreu a noite e ao amencer
é Nadal. Os nenos puideron ver tras da xanela o bosque cuberto de neve e con
ela xorden os animais que veñen a dicirlles: Bo Nadal.
Nunca esqueceran aquela
noite de Nadal. Os catro irmáns miraban cos ollos abertos a través da xanela a
presenza dos animais que se achegaban á casiña. Cervos, pequenos corzos e
coelliños brancos que se perdían entre a neve. Carliños miraba aos seus irmáns
pequenos, con palabras que quedaban enguedelladas nos ollos. Á fin berraron ao
mesmo tempo, co sorriso de orella a orella. NUNCA ESQUECERÍAN AQUELA NOITE.
E á fin todos desfrutaron
desta marabillosa velada chea de belidas sorpresas e lembraron as anécdotas
vividas ao redor da calor da fogueira, choupando de ledicia e de gozo. Foi un Nadal
repleto de amor e paz.