- Ei, irmáns vir velo!
Di a vella berrando.
- Éche pobre como nós.
Din todos moi baixo.
- Seica baixou do ceo.
Os píos fan presaxios.
- Évos o fillo de Deus.
Anuncia un crego.
- O das pallas deitado
é o Neno que naceu?
- Si, responden os cegos
ao oír cantar os galos.
Lois do Salnés
NADAL
Naquela humilde igrexa
hai un Cristo que nos mira,
dende unha cruz de madeira
e nunha xerra baleira
alguén lle puxo unha flor.
Catro bancos, oito velas,
mil pregarias entre dentes,
oracións para os ausentes
e sobre o altar o Amor.
Nun recuncho daquel templo,
con cortiza de sobreira,
unhas palliñas da eira
e a Fe do construtor.
Xurdiu de nada unha aldea
coas súas figuras de barro,
un papel que fai de estrela,
dúas ovellas e un pastor.
O berce de bidueira,
un boi que rúmia cansado,
a mula que está ao seu lado,
dando ao curruncho calor.
Cando o día estea cumprido
e estenda a noite o seu manto,
escoitarase o "Gran Canto"
xa naceu o Redentor!
E naquela humilde igrexa,
o Cristo que esta cravado
mira a nai e mira ao Neno,
faise de novo pequeno
e pousa no berce a flor.
X.R. Quintáns
No hay comentarios:
Publicar un comentario