lunes, 14 de diciembre de 2020

CHRISTMAS STORY

 


CONTO DE NADAL

(Un conto a oito voces: Paula Cascallar, Mª José Rubianes, Mª Carmen Rivadulla, Tere Briones, Isabel Peleteiro, Augusto Guedes, Marisa Jamardo e Xermán Manuel Torres)

Unha tardiña fría, as folerpiñas tras os cristais da miña fiestra, polo camiño deserto albiscábase unha luz, como un farol ao lonxe. Seguindo o camiño do aire que sopraba, andaba un carro cargado de ananos que tocaban con enfeitizo melodías e ao sacudir da pandeireta, caeu unha estrela ao chan...

Prendendo o farol que naquela soidade moraba unha ruína. O farol, en medio do lume, iluminou unha casiña pequena, moi preto do lugar, onde vivía un pobre leñador con catro nenos pequenos  que xogaban alegres coa roda dun carro moi vello... Rodaban felices pola estrada chea de neve, sen pensar se habería algo que cear esa noite tan importante; a noite de Noiteboa...!!!

Nese intre os ananiños ao ver tanta pobreza baixaron do carro con bolsas cheas de manxares doces, turróns... para que ese pequenos xunta ao seu pai puideran pasar un Nadal feliz.

Naquela casa non parecía o Nadal, polo que os ananiños foron buscar un daqueles pequenos abetos que encontraron polo camiño. Ao volver decatáronse que ao lado do chan onde caera aquela estrela había un envoltorio. Ao abrilo, estaba o Misterio: María, Xosé e o Neno Xesús entre pallas. Levárono á casa do leñador e alí comezaron a celebrar cos nenos ese Nadal.

Transcorreu a noite e ao amencer é Nadal. Os nenos puideron ver tras da xanela o bosque cuberto de neve e con ela xorden os animais que veñen a dicirlles: Bo Nadal.

Nunca esqueceran aquela noite de Nadal. Os catro irmáns miraban cos ollos abertos a través da xanela a presenza dos animais que se achegaban á casiña. Cervos, pequenos corzos e coelliños brancos que se perdían entre a neve. Carliños miraba aos seus irmáns pequenos, con palabras que quedaban enguedelladas nos ollos. Á fin berraron ao mesmo tempo, co sorriso de orella a orella. NUNCA ESQUECERÍAN AQUELA NOITE.

E á fin todos desfrutaron desta marabillosa velada chea de belidas sorpresas e lembraron as anécdotas vividas ao redor da calor da fogueira, choupando de ledicia e de gozo. Foi un Nadal repleto de amor e paz.





2 comentarios:

  1. Quedó muy bonito. Podriamos hacer esto regularmemennte para motivarnos a escribir con regularidad. Que os parece?

    ResponderEliminar
  2. Tere, claro que sí. Lo que hay que hacer es propuestas creativas. Y procurar estar todos interconectados en el whatssapp Mesa das Verbas.

    Apertas - Xermán M.

    ResponderEliminar