jueves, 21 de enero de 2021

UNHA DÉCADA DA MESA DAS VERBAS


 Primeiro Cartel anunciador da Mesa das Verbas, debido a Andrea Fernández

Fai hoxe dez anos que tivemos nunha sala do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa a I Mesa das Verbas. Estamos de cumpreanos, parabéns a todas as meseiras e a todos os meseiros.
Ofrecemos unha reportaxe fotográfica de Gonzalo Feijoo, que foi notario daquel noso primeiro acontecemento poético, agardamos que sexan moitos máis e que todos os vexamos.
E non podemos esquecer aos nosos queridos poetas mortos, que están vivos na nosa lembranza, foron Manuel Olveira Hortas, María Palacios, Xosé Lois Vila Fariña, Tito Porto, Eduardo Víctor Castro López, José González Moreno son parte da nosa historia, agardo non me esquecer de naide, senón comunicalo e incluiremos aos non nomeados, foi sen intención, a memoria é fráxil. A todos, os que xa se foron durmir fóra e aos que aínda estamos aquí noraboa por ter compartido e ceibado versos ao ar de Arousa e seguiremos ata que o corpo aguante e as ilusións non nos abandonen, que non será o caso.
Sempre avante! Compañeiras e compañeiros: Saúde e poesía!!!
Aí van as primeiras fotos da nosa pequena historia, foron tomadas aquel 21 de xaneiro de 2011 por Gonzalo Feijoo.

Grazas a todos e sobre todo grazas ao Concello de Vilagarcía de Arousa, á Deputación Provincial de Pontevedra, ao Centro Comercial Arousa, aos medios de comunicación social e a todos os que nestes dez anos animaron e seguiron a nosa traxectoria. Sen esquecer ao Liceo Casino de Vilagarcía, que baixo a presidencia do noso compañeiro Alfonso Saavedra Lourido, acolleu e fomentou esta actividade poética durante as primeiras cincuenta e unha edicións.









Se queredes escoitar unha entrevista que Montse García de Radio Arosa mantivo co noso presidente co motivo destes dez anos da Mesa das Verbas clicade aquí e seleccionade o tramo:

1:06:51 - 1:15:52:








No hay comentarios:

Publicar un comentario