sábado, 30 de enero de 2021

MESA DAS VERBAS VIRTUAL

 



INVERNO

No inverno
a vida
douta
agóchase debaixo da brancura
da neve

Para saír
humilde
coa luz
da primavera

INVERNO

Choiva
nudez árborea
Poesía confinada
nas raíces

ANDRÉ VILAS


MIGAS DE PAN


 Un voo de pardal 
é a forza que preciso.

 ***
 O vello ceo
 sempre di a verdade.

 ***
 Do lóstrego ao trono,
 acontece un suspiro.

 ***

 Morremos á velocidade da luz?

 ***

 A vida é vida, é viva...
 Ao morrer, un viva!

 ***

PAULA CASCALLAR LATORRE


H* (psi) = E* (psi)

O BOSÓN DE HIGGS

Aí afora está o mundo do pracer e do
diñeiro
E nós condeados ó matadoiro da
xente feliz.
Levamos na fronte o estigma
langranxiano do amor.

Asáltannos bosóns e fermións,
trádannos quarks e leptóns.
A nosa materia gris ferver coma unha
sopa de electróns, muóns e tanóns.

A xente rise da visión subatómica do
espatempo finito e simétrico.
E para nós un bico é unha prácida
chuvia de neutrinos.
E o amor a forza forte da débil
feromona.

Unha mirada pode ser unha invasión
de anduriñas vermellas, verdes e
azuis
que implotan de paixón.

Escoita o up, top, charm do corazón
mentres paseamos ó compás do
doum, stranxe, bottom.
A música é o spín do cariño
na nosa ecuación cuántica das
enerxías en fusión.

RAMÓN TORRADO
30 xaneiro 2021


DONA URRACA, A RAÍÑA DO MONTE LUPARIO

A princesa, ai coitada!
Soia quedou
o seu home finou,
seu namorado.

A princesa, ai coitada!
Soia quedou
amais do seu filliño,
sen compaña quedou.

A princesa, ai coitada!
Soíña quedou
Castela con ela chora,
soia co reino quedou.

Soia quedou
a princesa, ai coitada!
Chora a súa desgracia
soíña polo castelo de Lobeira adiante.

Sen compaña quedou,
amais do seu filliño,
el orfiño de pai;
ai! que tristeira a súa nai!

A princesa dona Urraca, ai coitada!
Soia quedou,
o seu home finou,
seu namorado.

XERMÁN MANUEL TORRES


Bajo el esplendor de Selene
los búhos con su atenta mirada
inician la noche estrellada.

Ráfagas de ramas bailan
sobre los árboles
una danza ancestral.

Grillos con su cricri,
ranas con su croacroa,
luciérnagas alumbrando el camino
que lleva hacia un hermoso lago
donde se refleja el firmamento.

Naturaleza plena en un ecosistema
repleto de duendes y hadas
que vigilan que el bosque
se mantenga vivo y sano.

Pero, al final silencio solamente
se escucha el silencio,
que todos duermen, shhhh.

MARISA JAMARDO


No hay comentarios:

Publicar un comentario