A Asociación Cultural
Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa Concellería de
Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa e co Centro Comercial Arousa de
Vilagarcía convoca o I Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”,
que se rexerá sobre as seguintes bases e indicando que o fallo do xurado será
inapelable e será este o intérprete do contido e do espírito destas bases. A
participación neste concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e
aceptación sen condicións das decisións
soberanas do xurado.
I.
O concurso está dirixido á participación
da mocidade que estea a cursar os estudos do Ensino Secundario Obrigatorio
(ESO); é dicir destinado a mozas e mozos entre 12 e 16 anos. A idade
acreditarase presentando unha fotocopia do NIF ou co resgardo da matrícula na
ESO no presente curso escolar 2021-2022.
II.
Os premios en ningún caso poderán
declarase desertos, agás no caso da non participación.
III.
Participarase cun poema que non
exceda dos 60 versos, extensión máxima
sesenta versos. O poema ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado
en ningún outro concurso.
IV.
O poema ten que estar escrito necesariamente
en idioma galego.
V.
Presentarase baixo plica, do seguinte
xeito: Nun sobre grande incluirase o poema, que non pode levar ningún signo de
identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se
introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da
autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do
NIF onde figura a data de nacemento ou unha copia do resgardo da matrícula na
ESO correspondente ao curso escolar 2021-2022; c) Un enderezo de correo
electrónico; d) Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor; f) O
nome e identificación do centro de estudos, g) Un pequeno escrito de
autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de participación
no concurso, avalado pola nai/pai ou titor/a da persoa participante e co seu
consentimento. O sobre pequeno levará eses datos no seu interior e estará
pechado.
VI.
O sobre co seu contido será depositado
nunha furna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro
Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben pode enviarse por correo postal ao
seguinte enderezo: I Concurso de Poesía
en Lingua Galega “Xaquina Trillo” - Dirección Centro Comercial Arousa,
Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
VII. O
prazo de entrega será desde o 17 de novembro de 2021 ata o 10 de xaneiro de
2022.
VIII. O
fallo darase a coñecer no mes de xaneiro de 2022.
IX.
A entrega de premios será no acto que
celebre o Concello de Vilagarcía de
Arousa co gallo do Día de Rosalía de
2022 e que oportunamente se anunciará.
X.
Publicaranse os poemas premiados no
blog: www.mesadasverbas.blogspot.com Tamén se publicarán nun número da nosa
revista poética ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Para
isto, os autores, por medio dos seus titores, cederán durante un ano os
dereitos dos seus poemas para facilitar dita publicación.
XI.
PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en
100 €, un vale de 100 € para gastar no Centro Comercial Arousa e xentileza do
mesmo, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. b) 2º
Premio que consistirá en 50 €, un vale de 50 € do Centro Comercial Arousa, un
diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. c) 3º Premio que consistirá en 25 €, un vale
de 25 € do Centro Comercial Arousa e un diploma e un agasallo do Concello de
Vilagarcía de Arousa.
XII. O
Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola
Asociación Cultural Mesa das Verbas, A Concellería de Cultura do Concello de
Vilagarcía de Arousa e polo Centro Comercial Arousa.
XIII. Reitérase
que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as
presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta
aceptación das mesmas.
XIV. O
resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no
blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na
web do Concello de Vilagarcía de Arousa e na web e Facebook do Centro Comercial
Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa con toda a información pertinente
sobre o concurso aos medios de comunicación social locais.
XV. O
manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos
relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os
concursantes premiados, por medio dos seus titores legais, cumplimentarán un
documento para a autorización do manexo dos seus datos persoais cos fins
exclusivos xa expresados deste concurso.
XVI. Os
traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes, procederase a
súa destrución e xa non poderán ser reclamados.
O fin deste concurso é
promover a creatividade en lingua galega e fomentar a poesía en idioma galego
entre a mocidade.
Amosar de antemán a
nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras
e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como
ao bo fin deste concurso.
Pretendemos a súa
continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de
mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.
SAÚDE E POESÍA!
ASOCIACIÓN
CULTURAL MESA DAS VERBAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA
No hay comentarios:
Publicar un comentario