Neste poético día, uns versos para o noso amigo XOSÉ RAMÓN QUINTÁNS SUÁREZ, ao que lle renderemos unha homenaxe na CXIX MESA DAS VERBAS - 26-03-2022 18:00
A
MONCHO QUINTÁNS
Ánimo
vate das verbas fermosas,
o
dos poemas ben versificados;
ánimo
varón, contador de cousas,
dun
lírico mundo por ti soñado.
Érguete,
ou, cal aguia poderosa
e
voas por espazos afastados
para
ollar a Ría de Arousa
como
un doncel dela namorado.
Non
demores a pluma nin tinteiro,
non
a esquezas, pois é tan creadora
que
che é merecente de loureiros.
Han
vir por oriente moitas auroras
e
ti seguirás sendo, compañeiro
ese
xograr das fábulas cantoras.
Lois
do Salnés
VERBAS
E VERSOS PARA QUINTÁNS
Mestre
de ilusións
e
de soños,
compañeiro
Quintáns,
compañeiro
da alma;
compañeiro.
Sol.
Tecendo
coa tinta
dos
versos
unha
tea de cores,
verbas
de instantes,
de
emocións
e
vida.
Estrelas.
No
mar da experiencia,
verbas
sentidas,
amor.
Arousa
toda
Cortegada,
Carril, Trabanca Sardiñeira...
Soños
de nácara de ameixa, berberechos da Ría...
Amizade,
xustiza, desexos dunha mellor existencia.
Lúa. (Xermán Manuel Torres)
RAMÓN
QUINTÁNS
Mestre
de xeracións
Exemplo
dos alumnos
Home
de bo corazón
cultivado
con amor.
Referencia
para os demais
que
atenden con devoción.
Home
de relevancia,
de
cultura clásica,
de
altas humanidades
para
todas as idades.
Agora
que a enfermidade
fai
mella no teu corpo,
digo
que non estás só
que
moitos querémoste,
estamos
ao teu lado
e
podes contar con nós.
Xosé V. Jamardo
A MONCHO, BARDO DE TRABANCA
Á Flor
Achégate á flor
Préstalle os ollos
Suspira profundo
Quere dicirche algo
Ao corazón
André Vilas
Palabras que surgen de lo más
profundo del alma para crear un
verso lleno de luz y pasión.
Sentimientos a flor de piel que
inundan las estrofas con sabor a miel
que endulza todo lo escrito.
A vuelapluma conecto mi ser para
conseguir un escenario donde los
actores representan fielmente la
esencia de la vida y del amor.
Ilusión por las bellas historias
que brotan a borbotones desde la
pequeña galaxia de mi ser.
Qué bonito es que un lector entre
pausadamente en el camino de mis
sueños poetizados y le haga sentir
mariposas en su corazón.
Marisa Jamardo
Vin coa marea baixa
para verte O Barqueiro
con gaivotas polo ceo
e soidades pola praia.
De cores soñan as casas
dos humildes mariñeiros
e na seca, as chalanas
ancoradas no tempo.
Apocalíptico ámbito
hostil Cabo Ortegal
no confín da costa fatal
que cun vento de espanto
os cantíns tremen con pranto
ante as iras do temporal.
Vexo acolá Viveiro
no estuario do Ladro.
Moi ben recibidos fomos
cando no pobo entramos.
A noite viña mollada
co repenique das horas.
San André de Teixido,
de Teixido San André,
irei a ti de vivo
antes de ter que morrer.
Herbiñas de namorar,
herbiñas que hei coller
para logo irchas dar
porque te quero, muller.
Luís González Bravo "Lois do Salnés"
No hay comentarios:
Publicar un comentario