III
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS/2022
CONVOCADO E ORGANIZADO
POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA
1.- Convócase este III
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 2022, idea e organización da Mesa das
Verbas e do Centro Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación
literaria en lingua galega.
2.- Poderá participar
neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as
presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta
todas as decisións do xurado (que estará composto polos autores premiados na
edición anterior, se fose posible; senón as entidades que promoven o concurso
designarán ao xurado) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o
concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables. A
participación no concurso supón a aceptación e asunción destas bases. En caso
de menores de idade acompañarán no sobre pequeno a autorización do pai ou da
nai ou do titor/a legal, así como a autorización da xestión do datos persoais
só a efectos de cuestións relacionadas con este concurso (a autorización do
manexo dos datos persoais tamén será enviada polos concursantes maiores de
idade).
3.- Cada persoa poderá
presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e
estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal
e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera
outro certame.
4.- A extensión máxima
de cada obra será dun folio por unha soa cara. Os traballos presentaranse en
sobre con plica. O orixinal do traballo non pode levar ningún sinal, marca ou
calquera outra cousa que poida identificalo. O traballo será acompañado cun
sobre pequeno con lema, a xeito de plica, neste sobre irán os datos do autor:
Nome e apelidos, NIF, un número de teléfono, enderezo postal, enderezo
electrónico, este pequeno sobre pechado estará dentro do sobre grande xunto co
orixinal. O sobre grande tamén pechado, levará escrito o mesmo lema que o sobre
pequeno.
5.- O prazo de entrega
será ata o propio 17 de maio de 2022 (inclusive). As obras serán depositadas
nas urnas que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial
Arousa.
6.- Os premios non
poderán declararse desertos.
7.- A entrega de
premios terá lugar o venres, 27 de maio de 2022, conmemorando o Día das Letras
Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 20:00 h. na
sala de usos múltiples, no 1º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de
Arousa.
8.- Os premios serán os
seguintes:
- 1º PREMIO: 60 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 60 €, e diploma.
- 2º PREMIO: 40 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 40 €, e diploma.
- 3º PREMIO: 20 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 20 €, e diploma.
9.- Os autores ceden
todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da
data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a
oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían
de novo nos seus autores.
10.- As obras non
premiadas poderán retirarse ata o 17/06/2022, acreditando debidamente ser a
autora ou autor, despois desa data serán destruídas.
11.- A participación
neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.
Vilagarcía
de Arousa, 1 de marzo de 2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario