Previamente, na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, ás cinco da tarde do sábado 27, teremos Xuntanza Ordinaria da Xunta Directiva da Asociación Cultural Mesa das Verbas e posteriormente ao recital poético, sobre as oito da tarde no mesmo lugar, celebrarase unha Asemblea Xeral Ordinaria coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta correspondente.
2.- Estado de contas e balance económico do exercicio 2023.
3.- Informes e propostas da Presidencia.
4.- Continuidade da conta bancaria coas mesmas condicións.
5.- Rogos e preguntas.
SÍNTESE DO BALANCE ECONÓMICO DO 2023
HABER: ... ... ... ... ... ... 2.782,8 €
DEBE: ... ... ... ... ... ... ... 2.469,75
SALDO: ... ... ... ... ... ... 313,05
SALDO ANTERIOR ... 586,04
ESTADO DA CONTA
(29/12/2023) ... ... ... ... ... 899,09
No 2023, recibimos unha colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística por valor de 1.500 €.
E da Deputación Provincial de Pontevedra: 392,80 €.
O Concello de Vilagarcía de Arousa colabora co patrocinio e edición de 2 números anuais da nosa revista poética ANACO, facilítanos locais e espazos para as nosas actividades, pon a nosa disposición cartelería, programas, web, agasallos, diplomas para os nosos concursos e actividades. E sempre pon ao noso dispor seus recursos persoais e materiais.
E contamos co importante mecenazgo e colaboración do Centro Comercial Arousa, destacando o papel que desempeña o seu director, estreito colaborador da nosa Asociación, D. Luís González de la Ballina González.
E todo non sería posible sen o entusiasmo e dedicación dos socios, da Xunta Directiva, dos simpatizantes, do público que asiste ás nosas actividades e de moitos centros de ensino. E de todos os colaboradores.
Tamén agradecemos a colaboración dos medios de comunicación, pero, pedímoslle que dediquen máis espazos á cultura local, deberan ter seccións fixas como unha boa axenda cultural.
E alguén debera coordinar a axenda cultural de Vilagarcía, porque ás veces, de forma lamentable, dase unha coincidencia de actos, que poderían estar mellor repartidos e distribuidos no tempo.
Ao mellor tamén sería desexable a posta en funcionamento dun Consello Local de Cultura.
E a cesión de locais municipais para o uso das Asociacións Culturais sen ánimo de lucro para poder ter xuntanzas e gardar seus arquivos e materiais.
E tamén sería conveniente renovar e actualizar a web municipal na relación que fai de grupos e asociacións culturais; pois, está desfasada.
E a cultura non é un gasto; é unha inversión que redunda no benestar da cidadanía.
A todos grazas, a MESA DAS VERBAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario