viernes, 25 de octubre de 2024
lunes, 21 de octubre de 2024
IV CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO
BASES
IV
PREMIO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA
Xaquina
Trillo
A Asociación Cultural
Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa Concellería de
Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, coa Deputación Provincial de
Pontevedra e co Centro Comercial Arousa de Vilagarcía convoca o IV Concurso de
Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que se rexerá sobre as seguintes
bases e indicando que o fallo do xurado será inapelable e será este o
intérprete do contido e do espírito destas bases. A participación neste
concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e aceptación sen
condicións das decisións soberanas do
xurado.
I.
O concurso está dirixido á participación
de todas as persoas que desexen concorrer, a partires dos 16 anos, cumpridos no
ano 2024, e sen límite de idade, iso si, cumprindo a idade de partida (os
dezaseis anos-2024).
II.
Os premios en ningún caso poderán
declarase desertos, agás no caso da non participación.
III.
Participarase cun poema que non
exceda dos 60 versos, extensión máxima
sesenta versos. O poema ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado
en ningún outro concurso.
IV.
O poema ten que estar escrito necesariamente
en idioma galego.
V.
Presentarase baixo plica, do seguinte
xeito: Nun sobre grande incluirase o poema, que non pode levar ningún signo de
identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se
introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da
autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do
NIF onde figura a data de nacemento. c) Un enderezo de correo electrónico; d)
Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor; f) O nome e
identificación do centro de estudos, caso nas persoas de 16 anos. g) Un pequeno
escrito de autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de
participación no concurso, avalado pola nai/pai ou titor/a da persoa
participante e co seu consentimento, no caso dos participantes menores de idade.
O sobre pequeno levará eses datos no seu interior e estará pechado.
VI.
O sobre co seu contido será depositado
nunha urna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro
Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben pode enviarse por correo postal ao
seguinte enderezo: IV Concurso de Poesía
en Lingua Galega “Xaquina Trillo” - Dirección Centro Comercial Arousa,
Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
VII. O
prazo de entrega será desde o 21 de outubro de 2024 ata o 9 de decembro de 2024.
VIII. O
fallo darase a coñecer o 23 de decembro de 2024.
IX.
A entrega de premios será no acto que
celebre o Concello de Vilagarcía de
Arousa co gallo do Día de Rosalía de
2025 e que oportunamente se anunciará. Ou nunha Mesa das Verbas que tamén se
anunciará con antelación.
X.
Publicaranse os poemas premiados no
blog: https://mesadasverbas.blogspot.com
Así como nun número especial do noso Boletín Medulio. Tamén se publicarán nun número da nosa revista poética
ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Para isto, os autores e
tamén por medio dos seus titores, no caso de minoría de idade, cederán durante
un ano os dereitos dos seus poemas para facilitar dita publicación, por medio
dun escrito expreso.
XI.
PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en
300 €, un vale de 100 € para gastar no Centro Comercial Arousa e xentileza do
mesmo, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. b) 2º
Premio que consistirá en 200 €, un vale de 50 € do Centro Comercial Arousa, un
diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. c) 3º Premio que consistirá en 100 €, un vale
de 25 € do Centro Comercial Arousa e un diploma e un agasallo do Concello de
Vilagarcía de Arousa.
XII. O
Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola
Asociación Cultural Mesa das Verbas, A Concellería de Cultura do Concello de
Vilagarcía de Arousa, a Deputación Provincial de Pontevedra e polo Centro
Comercial Arousa.
XIII. Reitérase
que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as
presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta
aceptación das mesmas.
XIV. O
resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no
blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na
web do Concello de Vilagarcía de Arousa e na web e Facebook do Centro Comercial
Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa con toda a información pertinente
sobre o concurso aos medios de comunicación social locais.
XV. O
manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos
relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os
concursantes premiados, por medio dos seus titores legais, no seu caso, cumprimentarán
un documento para a autorización do manexo dos seus datos persoais cos fins
exclusivos xa expresados deste concurso.
XVI. Os
traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes da data de
entrega de premios, procederase a súa destrución e xa non poderán ser
reclamados.
O fin deste concurso é
promover a creatividade en lingua galega e fomentar a poesía en idioma galego
entre a mocidade e os cidadáns en xeral, a lingua galega é cousa de todos e
todos debemos cultivala.
Amosar de antemán a
nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras
e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como
ao bo fin deste concurso.
Pretendemos a súa
continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de
mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.
SAÚDE E POESÍA!
ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA