jueves, 13 de agosto de 2020

CEIBARON VERSOS AO AR DE AROUSA

 Na CII Mesa das Verbas, celebrada o sábado, 1 de agosto de 2020, na Praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa, os seguintes meseros:


Quintáns


Carmen Abalo


Paula Cascallar


Luís González


Tere Briones


Al Guanella


Andrea Fdez. Maneiro


Cándido Duro


Isabel Peleteiro


Mª José Rubianes


Antonio Quiñoy


Joaquín Sanmartín


Tizado


Rafa Villar


Manuel Lage


Xermán Manuel Torres

Parte do público


Nesta Mesa tamén presentamos ao público a nosa revista ANACO 3, magnificamente editada polo noso Concello, así mesmo patrocinador deste acto. Damos as gracias pola súa inestimable colaboración á Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa e a todos os que participaron activamente e como espectadores nesta CII Mesa das Verbas que a fin puido ter lugar. Non nos esquecemos de tamén agradecer aos Terribles de Arousa pola súa colaboración musical. E ata outra millorada, amigos!!!

OS TERRIBLES DE AROUSA








jueves, 9 de julio de 2020

POEMARIO DE ANDREA FDEZ. MANEIRO



Neste fermoso libro nosa amiga e compañeira Nei reflicte as angustias, os desacougos, os medos, a orfandade das fillas e dos fillos dos emigrantes de Galicia, que teñen que abandonar a Terra na busca do sustento e do traballo para poder vivir. 

A emigración e o problema demográfico de Galicia son un cancro que deixa deserta e morta a Nosa Terra. Xa Rosalía se revoltou sobre este problema que deixa viúvas de vivos e fillos que non teñen pais.

Andrea fainos partícipes da súa tristura de nena pola marcha dos seus pais a Francia na busca dunha mellor vida, como botaba en falta a presencia dos seus pais nos momentos cruciais da súa vida. Todos os galegos en maior ou menor medida fomos víctimas pola perda dos seres queridos que tiveron que marchar. Porque nesta Galicia non atopaban máis que miseria e falta de oportunidades. Galicia país rico de xente pobre! Como se laiaba o noso querido e inmenso Castelao.

Na breve segunda parte do seu poemario, como que Andrea supera os traumas da emigración, que deixaron unha triste pegada na súa vida ao igual que nas nosas vidas. Andrea somos todos. Cando volven os pais xa todo non será igual. A nova casa, o novo fogar é un lugar sen referencias, baldeiro polo que non se sinte apego, no que non se teñen vínculos afectivos. Houbo un tempo e un espazo baldeiros, sen vínculos... Algo que non se pode encher; algo que non se pode recuperar.

É un libro que se le facilmente, que ao principio produce desacougo, todos nos sentimos esa nena, solidarizámonos con ela; mais non podemos suplir o que faltou e que nunca se poderá recuperar, e estaremos como Andrea, inutilmente, na busca dese tempo perdido, sentiremos como Proust remorsos, lembranzas, nostalxias dese tempo perdido e irrecuperable.

Un libro fermoso, rico en vocabulario, en recursos estilísticos en metáforas moi ben logradas. Crea un ambiente, un aire, unha atmosfera moi especial que rezuma emigración, que reivindica solidariedade; pero, hai cousas que xa non teñen remedio. Eso sí podemos ver nos migrantes persoas como nós, e lembrar que nos fomos e somos uns deles. O prólogo unha preciosidade que vai a ton con tan belido e sentido poemario.

Coa sangría da emigración e do desastre demográfico Galicia non ten futuro, somos un país a desaparecer. O galego é unha especie en extinción, como non se faga algo pronto e ben, Galicia morrerá desangrada víctima da dor da emigración.

Bravo, Andrea, pola túa sentida testemuña, pola túa desgarradora vivencia que é a de todos.

Agardamos moitos máis versos dos teus configurados en fermosos libros, a poesía de Galicia precísao.


miércoles, 17 de junio de 2020

UN POEMA DE MARISA JAMARDO



¿Hacia dónde va el mundo?


En una noche estrellada
destellos tintineantes
me indican el camino ideal
para descubrir un jeroglífico
celosamente guardado.


¿Hacia dónde va el mundo?


En nuestras manos está seguir evolucionando
para encontrar un planeta más sano.


Unámonos bajo una misma bandera
la de la libertad y la de la solidaridad,
la del amor y la paz.


¡Gritemos al unísono!
Venceremos,
cogeremos por fin la senda correcta
para alcanzar la FELICIDAD.


P.D: La sombra debe dar paso a la luz más potente

sábado, 6 de junio de 2020

UN SONETO DE J.R. QUINTÁNS



SOLEDAD

Cogido de la mano con mi alma,
me adentré en lo profundo de lo humano,
y allí oí que me llamaba hermano,
un pobre que pedía amor y calma.

Florecía en su mirada la esperanza,
que el Tiempo lo tapase con su manto.
La voz entrecortada de su llanto,
me hizo ver una luz en lontananza.

Su enferma faz de soledad mostraba,
en la flor de sus ojos el letargo,
de aquel tiempo que nunca se acababa.

Y mi sueño, al fin pudo saberlo,
me decía. "No hay cosa tan dañada
que Dios o Tierra no puedan repararlo". 

J.R. QUINTÁNS


sábado, 16 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero


Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1990)

O primeiro catedrático de Lingua e Literatura galegas na Universidade de Compostela, onde creou escola cun número de fieis discípulos que seguiron o seu gran labor a prol da lingua e da cultura de Galicia.
Foi un literato que probou fortuna en todos os xéneros literarios, pero eu destacaría o seu estudo fundamental sobre a historia da nosa literatura e que foi durante moitos anos un libro de cabeceira para todos os estudosos da literatura galega, trátase de:

Historia da Literatura Galega Contemporánea 1808-1936, Vigo: Galaxia, 3ª ed., 1981 

Como esta é páxina de poetas, ofrecemos uns versos de D. Ricardo:

ESCOLMA. PARTE I. ESQUECIDA VIVÍA


                    8

Esquecida vivia
do meu corpo. Umha pobre mulher
cumha filla de vinte e cinco anos,
que tem à sua vez
umha filha de três, e vive longe.
Umha muller já bem
madura, porque tem
umha filha de vinte e cinco anos.
Umha mulher abandonada
polo marido, sem recursos,
sem estudos, que tivo que empregar-se
numha oficina para um trabalho
rotineiro, há muitos anos, já.
E assi vive, entre companheiros
indiferenres, apressados, descontentes;
descontente, apressada, indiferente.
Vestida sem cuidado,
penteada sem esmero.
Sem horizonte, só, sem ilusom.
E apareceste ti,
um parente remoto
e que necessitava um documento
que se expedia na minha oficina,
e eu lhe facilitei (...)


De Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985)