Mostrando entradas con la etiqueta J.R. Quintáns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta J.R. Quintáns. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de octubre de 2021

VII XORNADA FILGUEIRA DEDICADA A ALFREDO GARCÍA ALÉN (1923-1981)

 

Alfredo García Alén era un experto en olaría galega


Xuntámonos para honrar e falar sobre a figura do gran intelectual pontevedrés Alfredo García Alén, xunto co seu mestre Filgueira Valverde, un valedor e figura indiscutible do Museo de Pontevedra, o pasado sábado, día 16 de outubro de 2021. Ao rematar a CXIII Mesa das Verbas, lembramos a García Alén, e na mesa presidencial do coloquio estiveron Xosé Fernando Filgueira Iglesias, presidente da Fundación Filgueira Valverde, Xosé Ramón Quintáns Suárez, mestre e amigo persoal do homenaxeado, e Xermán Manuel Torres, mestre e apaixonado de todo o que teña que ver con Xosé Fernando Filgueira Valverde (1906-1996).

Estivemos en animada conversa na que tamén aportaron as súas opinións Ramón Torrado, mestre, que nos agasallou cun testemuño persoal sobre o profesor Filgueira Valverde. E a profesora Isabel Peleteiro que fixo preguntas e suxestións moi atinadas.


Algúns continuamos o parladoiro no café bar La Marina en agradable e interesante compaña.

 

O mestre Xosé Ramón Quintáns Suárez na compaña de familiares do profesor Filgueira Valverde


Xosé Fernando Filgueira Iglesias coa súa dona e unha amiga da mesma


O grupo en animada conversación, agás Xermán M. Torres, autor das imaxes



Decidiuse que a VIII Xornada Filgueira, sempre en Galicia, a do ano que vén, estea dedicada a:

FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR






sábado, 6 de junio de 2020

UN SONETO DE J.R. QUINTÁNS



SOLEDAD

Cogido de la mano con mi alma,
me adentré en lo profundo de lo humano,
y allí oí que me llamaba hermano,
un pobre que pedía amor y calma.

Florecía en su mirada la esperanza,
que el Tiempo lo tapase con su manto.
La voz entrecortada de su llanto,
me hizo ver una luz en lontananza.

Su enferma faz de soledad mostraba,
en la flor de sus ojos el letargo,
de aquel tiempo que nunca se acababa.

Y mi sueño, al fin pudo saberlo,
me decía. "No hay cosa tan dañada
que Dios o Tierra no puedan repararlo". 

J.R. QUINTÁNS


sábado, 18 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA AMIZADE


(Amor, lealdade, sacrificio, complicidade, fidelidade, sinceridade, comprensión...)

RECIBE,

A miña rosa das verbas,
pintada de xaspe etéreo,
como pintan nosos soños,
as sete cores do ceo.

A miña rosa nacida,
no xardín dos meus desexos,
de ter a alguén que me ten,
e de saber o que eu teño.

A miña rosa que ten
o talo de espiña espido,
que xamais podera ferir
a amizade dun amigo.

J.R. QUINTÁNS 



Vai tamén por Luz Pozo Garza, recoñecida poeta galega, quen en palabras do noso querido amigo Xesús Alonso Montero durmeu fóra. (20/04/2020)

lunes, 6 de abril de 2020

POEMA DE J.R. QUINTÁNS





O INFERNO É UNHA VERDADE QUE SE APRENDE DEMASIADO TARDE

NOS TEMPOS ESCUROS
A luz dun amigo pode alumearte,
unha soa verba sérveche de facho,
e o seu amor non quere perderte,
nos sonos da noite dalgún negro cuarto.

Pero se ese amigo o teu nome esquece,
e deixa ao tempo matar a esperanza,
alí o mal triunfa, a desidia vence,
a amizade morre e xa todo é nada,

NESTES TEMPOS MALOS
Florecen as verbas dos que son amigos
cando plantan herbas de verde tenrura,
e os froitos da calma enchen os ouvidos,
con ríos de palabras cheos de dozura,

Pero se o silencio é o teu compañeiro,
e deixoute só a voz esperada,
caeranche as bágoas dicíndolle ao ceo,
a amizade morre e xa todo é nada,

NOS TEMPOS CONVULSOS
Non morren as flores que colgan das ramas
nin calan seu canto as rochas e a auga,
e bríndanche as cores bolboretas cansas,
que traen primavera a túa ventá.

Pero ti querías a flor da palabra,
o canto sincero dunha gargallada,
mais, se non hai notas que calmen a alma
a amizade morre e xa todo é nada,

NESTES MOMENTOS
No tempo que vives en ti confinado,
descobres a cova da cruel soedade
e pides esmola dun xesto, de algo
e aprendes a golpes a triste verdade,
que o Inferno existe e está ao teu lado,
e chegas a velo demasiado tarde.