domingo, 8 de mayo de 2022

OS ESCOLARES DE VILAGARCÍA CON FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN - 16-05-2022 11:00 - 13:00


10:00 h. – Estará disposto o escenario e o equipo de megafonía para que os centros poidan facer unha toma de contacto e unha pequena proba de micrófonos e demáis aparatos e instrumentos.

 

PROGRAMA

Palabras previas de benvida e acollida por parte da autoridade municipal que presidirá o acto, que patrocina o Concello de Vilagarcía de Arousa. 

- - Representación dramatizada sobre as Letras Galegas – IES CASTRO ALOBRE

 

-     - Interpretación de dúas cantigas: Galicia (popular) / Galicia (Manuel María – Suso Vaamonde) – Alumnado de 1º de Primaria do CEIP O PIÑEIRIÑO

 

-      -  CEIP A LOMBA, imos a participar por unha parte, os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil “signando” en linguaxe de signos un poema que van a recitar os nenos de 6º de Educación Infantil. Son 10 versos dun poema de Galicia infinda.

-         Por outro lado, 7 nenos de 5º de Educación Primaria interpretarán os seguintes 7 poemas :

-         O futuro

-         Enterro

-         Quince anos

-         Festas

-         Outono

-         Atotonilco

-         O ourizo señor feudal dos Castiñeiros.

-         COREOGRAFÍA do alumnado de Ed. Infantil

 

-  - O alumnado de 2º da ESO do CPR SAN FRANCISCO interpretarán acompañados de dúas guitarras e unha pandeireta a súa composición musical sobre o poema Gulf Stream de Florencio Delgado Gurriarán, o noso homenaxeado. 

    NO CASO DE MAL TEMPO O ACTO CELEBRARÍASE NO AUDITORIO MUNICIPAL.                                                                                                                                                                                                                              REPORTAXE GRÁFICA


 O ALUMNADO DO CASTRO ALOBRE REPRESENTANDO 

Cemiterio Privado

O CASTRO ALOBRE RECIBINDO O APLAUSO DO PÚBLICO

ARRIBA O ALUMNADO DO IES CASTRO ALOBRE
ABAIXO O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA DO CEIP O PIÑEIRIÑO, QUE INTERPRETARON DÚAS CANTIGAS DEDICADAS  A GALICIA
IMAXE DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

O ALUMNADO DO CEIP ANEXO A LOMBA
INTERPRETANDO A SÚA COREOGRAFÍA
Pousa, Pousa

RECITAL POÉTICO DO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA
CEIP ANEXO A LOMBA

O CORO DE 2º DA ESO DO CPR SAN FRANCISCO
DISPOÑÉNSE A INTERPRETAR A SÚA VERSIÓN MUSICADA
DO POEMA Gulf Stream de Florencio Delgado Gurriarán

DISTINTOS MOMENTOS DO ACTO. IMAXE DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA


MICRO VÍDEOS








As imaxes que non son do Concello e os vídeos son de Xermán Manuel Torres
















 




 

miércoles, 4 de mayo de 2022

BALDOMERO ISORNA CASAL, POETA CATOIRENSE

 


BALDOMERO ISORNA CASAL (1916 - 1986)
Fillo de Catoira e amante da súa contorna, poeta e home da cultura. Foi amigo íntimo de Faustino Rey Romero (1921-1971), sacerdote, poeta e escritor nado en Isorna (Rianxo), no outro lado do río, fronte ás Torres do Oeste. Durante unha tempada Faustino visitaba a diario Catoira e co seu amigo Baldomero fundaron en 1959 o Ateneo do Ullán, que tiña a súa sede na cantina da Estación de Ferrocarril de Catoira. Alí idearon no ano 1960 a famosa Romaría Vikinga, que celebraría a súa primeira edición o 27 de xullo de 1961.
O Ateneo do Ullán era unha vizosa experiencia no ermo cultural do franquismo, deseñaron unha empresa editorial con varias obras en preparación, cousa que non se logrou completamente. Entre os  personaxes que colaboraron co Ateneo do Ullán, podemos citar, entre outros, a Camilo José Cela, Luís Bouza Brey (Lucho) e moi próximos a nós Manuel Blanco Mariño (a quen lle ían publicar un poemario) e o noso admirado escritor e amigo o profesor, poeta e erudito Xesús Alonso Montero, por tan só citar a algúns.
Baldomero Isorna Casal trasladouse a Madrid, onde desenvolveu o seu labor profesional de Procurador dos Tribunais. Asiduo contertulio no Ateneo de Madrid e no famoso Café Gijón, onde capitaneaba o grupo galego de ambas institucións.
Pasaba a súas desexadas vacacións de verán na súa querida Catoira, onde desfrutaba placidamente das súas xentes, das súas paisaxes e da súa gastronomía.
Lembramos hoxe a Baldomero, o poeta, que ademais de moitos poemas soltos e de gañar algúns premios, publicou estes dous libros:

- Campanas de palo. Madrid, 1959

- Voz en blanco y 3 poemas abstractos. Madrid, 1960.

Na Xeira de Catoira, que a ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS de Vilagarcía de Arousa celebrará o sábado, 28 de maio de 2022, homenaxearemos ao poeta Baldomero e lembraremos ao seu querido amigo Faustino.

Agradecemos a acollida e o trato recibido cara a esta proposta polo Concello de Catoira na persoa do seu Alcalde Alberto García, na colaboración de Marisa Isorna, sobriña de Baldomero e de Mónica Vilas, funcionaria municipal, encargada de Cultura de dito Concello.
Agardamos ter unha Xeira memorable. A todos gracias por adiantado.


Baldomero Isorna de "tertulia" no Ateneo de Madrid, entre outras persoas, con Camilo José Cela


Os máximos armadanzas do Ateneo do Ullán
Ocorrentes e ledos poetas


Para a confección deste artigo utilizamos a valiosa documentación cedida por Marisa Isorna, sobriña de Baldomero Isorna Casal, quen é merecente de ser lembrado e homenaxeado. Oxalá moi pronto o Concello de Catoira faga unha recopilación da obra do seu poeta e elabore unha necesaria biografía do mesmo. Mentres lembremos a Baldomero e a tantos personaxes que están no esquecemento nas nosas vilas e aldeas, non morrerán e a súa obra e o seu labor permanecerán por sempre.






sábado, 23 de abril de 2022

BOOK'S DAY AND CXX TABLE OF WORDS

 




















A EDICIÓN DE AROUSA DE FARO DE VIGO REFERENCIA  AS  ACTIVIDADES DA MESA DAS VERBAS CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

22/04/2022

23/04/2022

24/04/2022

24/04/2022

24/04/2022

NOSA GRATITUDE AO FARO DE VIGO EDICIÓN DE AROUSA!!!














































miércoles, 13 de abril de 2022

CXX MESA DAS VERBAS - DÍA DO LIBRO




 O sábado, 23 de abril de 2022, Día do Libro, imos ter moita actividade na Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa. Este é o programa:

10:00 h. - 17:00 h.: Teremos instalada unha carpa na Praza de Galicia, grazas á colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa. Alí, teremos a disposición do público que nos visite revistas ANACO, boletíns Medulio e os libros de autoras e autores locais, vencellados coa Mesa das Verbas.

Independentemente de que todos os membros da Mesa das Verbas poden estar na carpa todo o tempo que queiran, imos poñer un horario de responsables da carpa:

10 - 11: Lage / Xermán

11 - 12: Lage / Luis Glez.

12 - 13: Tere Briones / Ramón Torrado

13 - 14: Maru - Paula

14 - 15: Sylvie - Maru

15 - 16: Lage - Sylvie

16 - 17: Luís Glez. / Xermán


EN CASO DE MAL TEMPO SUPRIMIRASE A ACTIVIDADE DA CARPA NA PZA. DE GALICIA


18:00 h.: No Auditorio Municipal de Vilagarcía, celebraremos a CXX Mesa das Verbas, co seguinte guión:


1.- Actuación de JOSÉ TIZADO POEMAS E CANCIÓNS, subvencionada polo programa PONTEGAL da Deputación Provincial de Pontevedra.

2.- Recital poético MESA DAS VERBAS

3.- Presentación do libro da nosa amiga e compañeira Paula Cascallar Latorre: Hasta el edén de la senectud.

























jueves, 7 de abril de 2022

XUNTANZA EN CATOIRA - O7-04-2022 11:00

 

Imaxe de Xermán Manuel Torres


Fotografía de Xermán Manuel Torres


Hoxe ás 11:00 h. fomos recibidos moi amable e cordialmente polo Sr. Alcalde de Catoira Alberto García e polo seu Tenente Alcalde, tamén fomos recibidos e atendidos fenomenalmente polas funcionarias municipais Mónica Vilas e Marisa Isorna, esta última, sobriña do poeta catoirense Baldomero Isorna Casal, a quen queremos homenaxear. Fomos acollidos e agasallados polo Concello irmán dun xeito exquisito e extraordinario que desexamos agradecer e facer público.

Xosé Ramón Quintáns Suárez, Vicepresidente da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, Luís González Bravo, Secretario e Xermán Manuel Torres, Presidente, trasladámonos a Catoira co fin de preparar axeitadamente a Xeira literaria e poética que celebraremos na vila vikinga o sábado, 28 de maio de 2022, na que desexamos homenaxear ao poeta xa citado, Baldomero Isorna Casal, quen xunto a Faustino Rey Romero fundaron en 1959 o Ateneo do Ullán, que celebraba moitas das súas "tertulias" na Cantina da Estación de Catoira, rexentada naqueles tempos por Segundo Rodríguez. Nunha desas tertulias, en 1960, xurdiu a idea de celebrar a Romaría Vikinga, hoxe con prestixio a nivel internacional e un dos eventos máis importantes de Galicia no mes de agosto, a primeira Romaría Vikinga celebrouse o 29 de xullo de 1961. Por isa e por moitas razóns desexamos preparar esa Xeira de confraternidade literaria e poética no Concello irmán de Catoira, onde hoxe fomos tan exquisitamente recibidos e acollidos.

Iremos ofrendo máis información sobre a Xeira catoirense cando teñamos definitivamente pechado o programa a desenvolver ese día.

SAÚDE E POESÍA!!! 


domingo, 27 de marzo de 2022

AO BARDO DE TRABANCA SARDIÑEIRA- XOSÉ RAMÓN QUINTÁNS SUÁREZ

 




Este pasado sábado puidemos gozar da sabiduría e da lírica do poeta de Trabanca Sardiñeira, noso bo e querido amigo Xosé Ramón Quintáns Suárez. Familiares e amigos da Mesa das Verbas rendémoslle merecida homenaxe. Grazas mestre!!!


Esta primavera,
non oín o canto sereo dos paxaros
nin vin o agasallo das flores.
Esta primavera,
para min, reinaron silenzos
e permaneceron núas as árbores.

Quixen afastar de min
o balbordo infinito dos nenos,
e o paso constante do tempo,
e caeron sobre min
os silenzos escuros dos medos,
e as terribles mensaxes dos ventos.

E treméronme os ósos
na xeada tortura da vida
co frío do inverno
e doéronme as costas,
cando o sol non quencía
esa primavera.

Mais... xa non teño medo
se os meus ollos de xestos perdidos
escudriñan con ansias as penas
e trocas o medo
polo amor de eses mil amigos
que cumpren teus soños e fanche poemas.

Eses mil amigos
que sementan nos campos da alma
leiras de alegría, sucos de esperanza;
eses mil amigos
que te empurran e senten contigo 
ese privilexio de ter un amigo.

E cando chegue o outono
coas súas níveas barbas
e a paleta do Arco da Vella
pintando de cores os soños.

Cando chegue o outono
nacerán centos de poemas
con letras pintadas nas follas.

E eu... non terei medo,
se despois dos anos vividos,
pode máis a ledicia que as penas
e... trocas o medo
por Amor deses mil e Un amigos,
que cumpren os soños de pintar poemas.

Eses mil e Un amigos,
que colleitan nos campos da alma
sementes de vida, carros de esperanza.

Eses mil e Un amigos,
que comparten sen pedirche nada
o Divino regalo de ter un amigo.

              Xosé Ramón Quintáns Suárez








domingo, 20 de marzo de 2022

SPRING DAY, POETRY DAY - DÍA DA POESÍA

 Neste poético día, uns versos para o noso amigo XOSÉ RAMÓN QUINTÁNS SUÁREZ, ao que lle renderemos unha homenaxe na CXIX MESA DAS VERBAS - 26-03-2022   18:00


Xosé Ramón Quintáns Suárez, o bardo de Trabanca Sardiñeira






A MONCHO QUINTÁNS

 

Ánimo vate das verbas fermosas,

o dos poemas ben versificados;

ánimo varón, contador de cousas,

dun lírico mundo por ti soñado.

 

Érguete, ou, cal aguia poderosa

e voas por espazos afastados

para ollar a Ría de Arousa

como un doncel dela namorado.

 

Non demores a pluma nin tinteiro,

non a esquezas, pois é tan creadora

que che é merecente de loureiros.

 

Han vir por oriente moitas auroras

e ti seguirás sendo, compañeiro

ese xograr das fábulas cantoras.

 

      Lois do Salnés

  

VERBAS E VERSOS PARA QUINTÁNS

 

Mestre de ilusións

e de soños,

compañeiro Quintáns,

compañeiro da alma;

compañeiro.

Sol.

 

Tecendo coa tinta

dos versos

unha tea de cores,

verbas de instantes,

de emocións

e vida.

Estrelas.

 

No mar da experiencia,

verbas sentidas,

amor.

Arousa toda

Cortegada, Carril, Trabanca Sardiñeira...

Soños de nácara de ameixa, berberechos da Ría...

Amizade, xustiza, desexos dunha mellor existencia.

                                              Lúa.         (Xermán Manuel Torres)


RAMÓN QUINTÁNS

 

Mestre de xeracións

Exemplo dos alumnos

Home de bo corazón

cultivado con amor.

 

Referencia para os demais

que atenden con devoción.

Home de relevancia,

de cultura clásica,

de altas humanidades

para todas as idades.

 

Agora que a enfermidade

fai mella no teu corpo,

digo que non estás só

que moitos querémoste,

estamos ao teu lado

e podes contar con nós.

 

Xosé V. Jamardo  


A MONCHO, BARDO DE TRABANCA


Á Flor

Achégate á flor

Préstalle os ollos

Suspira profundo

Quere dicirche algo

Ao corazón


André Vilas





Palabras que surgen de lo más

profundo del alma para crear un

verso lleno de luz y pasión.

Sentimientos a flor de piel que

inundan las estrofas con sabor a miel

que endulza todo lo escrito.

A vuelapluma conecto mi ser para

conseguir un escenario donde los

actores representan fielmente la

esencia de la vida y del amor.

Ilusión por las bellas historias

que brotan a borbotones desde la

pequeña galaxia de mi ser.

Qué bonito es que un lector entre

pausadamente en el camino de mis

sueños poetizados y le haga sentir

mariposas en su corazón.


Marisa Jamardo


Vin coa marea baixa

para verte O Barqueiro

con gaivotas polo ceo

e soidades pola praia.


De cores soñan as casas

dos humildes mariñeiros

e na seca, as chalanas

ancoradas no tempo.


Apocalíptico ámbito

hostil Cabo Ortegal

no confín da costa fatal

que cun vento de espanto

os cantíns tremen con pranto

ante as iras do temporal.


Vexo acolá Viveiro

no estuario do Ladro.

Moi ben recibidos fomos

cando no pobo entramos.

A noite viña mollada

co repenique das horas.


San André de Teixido,

de Teixido San André,

irei a ti de vivo

antes de ter que morrer.


Herbiñas de namorar,

herbiñas que hei coller

para logo irchas dar

porque te quero, muller.


Luís González Bravo "Lois do Salnés"