jueves, 9 de febrero de 2023
ENTREGA DE PREMIOS II CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO
sábado, 4 de febrero de 2023
IV CONCURSO DE CARTAS DE AMOR - 2023
domingo, 29 de enero de 2023
sábado, 14 de enero de 2023
REPORTAXE GRÁFICA - ENTREGA DE PREMIOS DO II CONCURSO DE CONTOS DE NADAL
SALA MULTIDISCIPLINAR DO CENTRO COMERCIAL AROUSA, SÁBADO, 14 DE XANEIRO DE 2023 18:00
IMAXES DE XERMÁN MANUEL TORRES:
lunes, 9 de enero de 2023
PREMIADOS NO II CONCURSO DE CONTOS DE NADAL
PRIMEIRO PREMIO:
A
gaivota amarela do peteiro vermello
Por Ramón Torrado López
Xa sabemos que as
gaivotas son grises e brancas, pero contoume un vello mariñeiro que na illa de
Sálvora naceu unha gaivota amarela co peteiro vermello. Todas as demais
gaivotas ríanse dela porque era diferente. Ata as súas irmáns non querían xogar
con ela. A pobre estaba moi triste e choraba mentres voaba sobre a ría de
Arousa.
Froida, que así se
chamaba, decatouse que de noite e cando facía néboa, o seu peteiro vermello
acendíase coma un faro, e podía voar tranquilamente sen tropezar con ningún
obstáculo. Vivía soa nun con moi alto, sen poder xogar coas demais gaivotas.
Un día polo Nadal, nun
lugar moi lonxincuo de Grenlandia, Papá Noel, cando acabou de ler as cartas e
e-mails que lle mandaran, viña polo aire coa súa zorra de renos voadores,
cargado de xoguetes e agasallos para as nenas e os nenos do Salnés.
Pero ao chegar á ría de
Arousa había tanta néboa que non podía ver Vilagarcía. Todo estaba escuro e
cando xa estaban perdidos e cansos:
-
Mirade! Mirade aquela luz! (dixo o reno
Rodolfo).
Dirixíronse a aquel
lugar e alí estaba durmindo Froida, a gaivota amarela do peteiro vermello.
Vendo como choraba Papá
Noel por non poder repartir os xoguetes, e se tiña que ir de volta sen cumprir
o seu cometido, díxolles Froida:
-
Non vos preocupedes. Seguídeme que eu
vos guiarei na néboa.
Froida voaba toda
contenta diante dos renos indicando a Papá Noel o camiño para chegar ás casas
de Arousa. E aínda logo os levou ata o mar aberto para que puidesen levar
agasallos a todo o mundo
-
Adeus! (dixo Papá Noel todo ledo).
-
Adeus! (dixo Froida acendendo e apagando
o peteiro).
Se vedes unha gaivota
amarela co peteiro vermello, dádelle as grazas e botádelle de comer unhas migas
de pan, ou un mexillón, porque hai que ser agradecidos e non rexeitar as
persoas e animais que son diferentes.
SEGUNDO PREMIO:
Espertei
e ulía a castaña
Por Adriana Cores Suárez
O seu paseo entre o
arboredo comezou como de costume uns días antes do Nadal. Era creador de
ledicia pura, pero efémera, un día ao ano. Cruzaba os nosos montes de norte a
sur e coas súas castañas e a súa boina curaba a fame.
Cheiraba a lume de
facía pouco e viu, dúas cancións máis alá de onde estaba, un piñeiro que
choraba.
Apareceu o vento
murmurando versos de cantares que o explicaban:
-
Vin os eucaliptos, cando desfrutaban sen
medo dunha oda ao sol. Bailaban coas lapas que imitaban a luz e os pasos do
astro cando xiramos ao redor.
Berraban
os animaliños que culpa non tiñan e só puiden escapar facéndoo peor.
-
Máis ventiño, isto pasa cada ano, e na
época na que nos atopamos, as caras longas só as teñen as bestas (dixo o home).
Un dos piñeiros novos
falou e contou, que non era o lume a única razón do seu pesar. A ilusión do
nadal xa non viña pasear entre as súas ramas coma cada decembro, a xente xa non
cría non incrible e non lles mostraba amor.
-
Os nenos xa non se acordan de nós (dixo
con pena a pequena árbore).
Xusto
un ano atrás, facíamos brillar o bosque cos nosos adornos artesanais. As cores
vestían as nosas follas e as luciñas sempre guiaban á ilusión cara elas.
Entre lamentos, o vento
asubiou sobre a maldade das árbores invasoras. Esganaban ás autóctonas dende o
nacemento dos seus pés, e facían chorar aos animaliños máis pequenos porque xa
non tiñan de comer.
Entón, o xigante roibo
decidiu facer unha parada antes de retomar a súa labor orixinal e centenaria.
Comezou a pintar
castañas de carballos que seguían en pé e a plantar outras para que os cativos
daquel bosque tivesen froitos para crecer. Pediulle á lúa anaquiños de estrela
que alumeasen as almas dos arboriños que nos agasallaban aromas e vida. Cercou
o bosque con ilusión e amor pola natureza e conseguiu que o único que mollase
as árbores fosen folerpas ou orballo invernal.
Conseguiu que o nadal
se personificase no espírito de todos aqueles seres vivos aos que se lles
intentara quitar o fogar. Mais iso era o principio dunha longa loita para
manter vivo todo iso que nos facía nos mesmos.
Todo se extingue coma o
vento cando deixamos de crer, e as brisas do outono pasado falaban sobre a
chegada do nadal e San Nicolás con el. Sen embargo, nada se escoitou falar
sobre o noso heroe.
O Apalpador tiña
salvado o nadal esa noite, e as bágoas que secou de troncos inocentes comezaron
a esvarar polas súas meixelas. Os nenos xa non pasaban fame, e o peor de todo é
que deixaban de crer nel.
Mais unha luz brillou
no nacente do sol, e un neno con fame desexaba a súa chegada con aroma a
castaña. Nada desaparecería mentres conseguise manter ese olor.
TERCEIRO PREMIO:
Sempre
ao teu carón
Por Marta Amarelle
Rodríguez de Robles
Facía un frío húmido e
Gabriel andaba pola súa casa porque estaba un pouco desbordado polos últimos
exames do curso. Tamén sentía que lle faltaba o alento porque cada vez que
pensaba nos poucos que ían ser na mesa esa noiteboa, entráballe ansiedade.
Había só un ano que o seu avó xa non estaba con eles, pero ás veces mentres se
relaxaba para durmir sentía un frío, un formigueo, un aire no seu cuarto. E
gustáballe pensar que era el.
Sempre saía a pasear
con Bingo, o seu can, á iso das 8:30 da mañá, e xusto o 23 de decembro estaba
no parque e estaba todo baleiro. A xente prefería quedar na casa. Pasando polo
lado dun carballo, atopa de lonxe unha bóla que se parecía ás que colgaban os
seus avós no abeto cando se achegaba o Nadal. Decorada con imaxes de Papá Noel
e unhas campás pequenas. Non lle importou cando a tomou na man, pero de súpeto,
comezou a sentir como se o mundo ao seu arredor empezara a dar voltas. A vista,
volveuse borrosa. E un sentimento semellante ao que sentía cando se ía acostar
na cama. Pasaron uns segundos e comezou a xirar sobre si mesmo e sen control,
coma se o mundo comezase a xirar. Ao instante, estaba coa súa nai, os seus tíos
e os seus curmáns. Deuse conta de que estaba na casa onde viviu a súa nai cando
era da súa idade. Viu a mirada do seu avó, esa mirada agarimosa e tímida,
contándolle o feliz que estaba a un Gabriel de 7 anos, porque chegara o Nadal.
Pero, sentíase mal por non despedirse dos seus fillos e por terlle regañado á
nai de Gabriel antes de marchar.
Ela simplemente
ocultara a súa voda, pero sentirase tan mal porque sentía un apego especial á
súa primeira filla, sentía que o decepcionara máis que calquera outra cousa,
todo se volveu bastante incómodo. Así que confésalle a Gabriel que oxalá
puidera ver o futuro e así ver que todos seguen sendo iguais e que se queren
igual que “agora”. Ao volver ao presente decide ir á casa dos seus avós e no
seu cuarto, atopa a bóla oculta cunha nota que escribira pouco antes de morrer,
cando buscaba unha manta para darlle á súa avoa, pedindo desculpas a todos por
ser tan serio. Non se fixo entender. Sabía que era moi difícil para el
separarse da súa primeira filla e non contarlle nada sobre o seu matrimonio.
Iso fíxoo enfadar. Na Noiteboa decidiu colgar a bóla, no abeto e todos leron a
nota. Todos sentíronse conmovidos e o neno sentiu un aire que percorreu o seu
corpo mentres se sentaba á mesa para cear. Mirou cara a porta e mirou os ollos
do seu avó.
E un sorriso
debuxóuselle no seu rostro cando puido ver que todos lían a nota. Cando chegou
sentiuse un pouco mellor e máis relaxada do que estivera nestes últimos meses.
Ocorréuselle a Gabriel dicir que non o atopara recentemente, cando en realidade
era algo que levaba uns meses alí sen que ninguén o vira, só el podía velo pero
lle tiña un cariño especial. Sobre a mesa, apareceron uns pasteliños, que
sabían que o seu avó quería. E todos quedaron coa boca aberta cando pasaron do polo
con arroz que a súa avoa preparara para comer, a algo marabilloso. Un doce que
era o favorito do avó fixo que xuntos todos intuían que algo estaba a pasar.
Quizais agora puidesen crer máis na maxia do Nadal e esquecerse de que se
esquecera o aniversario do outro ou as promesas que se fixeran e nunca se
cumpriran. Só quería desculparse por parecer ás veces tan complicado e esixente
con todos. Pero, gustáballe dar abrazos. Era unha familia complicada, pero
todos estaban unidos.
martes, 27 de diciembre de 2022
PREMIOS II CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA "XAQUINA TRILLO"
1º
Premio
Quen
son?
Marina
Montenegro Jamardo
IES
“Catro Alobre”
Poesía.
Verba que embarga o meu corazón.
Que
queres significar en realidade?
Dor,
soidade, compaixón?
Ou
beleza, amor e felicidade?
Atópome
atrapado nos teus brazos
sen
chegar a alcanzar a túa verdade.
Busco,
busco e na túa eternidade
non
atopo resposta ao teu sutil abrazo.
Pasan
os minutos, as horas, os días
e
ti estás quedo, sen producir son.
Perdo.
Perdo completamente as partidas.
E
non podo impedir que estale no interior:
Non
é xusto! Amósate!
Déixame
comprender, aprender.
Chegar
a descubrir e ver
como
es ti... Apresúrate!
Sinto
esta carga cada vez máis pesada.
Un
paso. Dous. Engade outro verso.
Engade
e engade. Palabras desquiciadas.
Deleitame
coa poesía que escribes cun dos teus bicos.
Agarda.
Un segundo, respira.
Cálmate.
Deixa as ondas da conciencia serenar.
Inspira.
Calma. Aspira.
Sacude
o sono, debes espertar.
Así
recompilo na miña memoria pezas,
un “puzle” incompleto que hai que encaixar.
Descubrir
o erro e ...atacar.
Non
tes que ser xusto, peca.
Xoga
coas palabras.
Aprende
a ser parte delas.
Deixarse
embriagar polo seu recendo,
recordatorio
traidor, amor secreto.
Encaixo
unha peza,
facilita
esta encomenda.
Penso,
logo existo,
Verso
prohibido.
Preciso
saber.
Asústate?
Estráñache verme así, sen rumbo,
só
e asustado neste inmenso mundo,
escoitando
as sentenzas dos susurros, non é xusto.
Poesía.
Podería coñecer o teu creador?
e
ser pintor do teu renacer,
dar
forma ao teu ser,
e
converterme no teu pecador?
Segunda
peza, e continúo.
Poesía,
que antes a túa man alegre estreitaba,
Disparo
agora a bala que oxalá acertara,
e
partira este amor, pena desditada.
Paciencia.
Agobio. Enteireza,
desexo
que corroe veloz o meu pensamento
non
atacas, espero, morro.
Para!
Non me esnaquices por dentro!
Deixa
a xogada! Sigue.
Deixo
a partida! Sigue.
Non!...
deixo, deixo a vida, a súa esenza,
a
dozura de notarse vivo.
Xa
está, remato.
Por
fin me roza o alivio.
Esta
é a verdade, que o mundo comprenda.
Son
poeta.
2º
Premio
O
carreiro da vida
Xerome
Vence Nieto
IES
“Castro Alobre”
Polo
carreiro da lembranza
medran
silvas e toxeiras
procesión engaiolada
pola tristeza lixeira
esvaecida nun vello ollar
sendo a vida viaxeira
Polo
carreiro da esperanza
camiñabas
silandeira
doces agarimos fan de ti
adorada virxe mentireira
recibes bicos de adoración
das pobres cegas roseiras
Os
seus pétalos e estames
cobren
os teus longos cabelos
De seren delicados talos
serían follas os pétalos
e os estames crecentes espiñas
de vellos toxos e silveiras
Acompañada
vas na fronte
aínda
sendo silandeira
A banda quedou polo carreiro
engaiolada entre espiñeiras
facendo mofa de ti, mentireira
coa máis triste música, lixeira,
viaxeira
3º
Premio
Nova
flor
Sonia
Baqueiro Abal
IES
“Soutomaior”
Foi
unha flor crecente da miña estación favorita,
aquela
na que eu nacera.
Apareceu
ela no frío de outubro, escuro e triste,
tendeume
a súa man libre.
Tomeilla
á cega dúbida de que ela non era
calquera
rosa perecedeira,
pois
as súas raíces e afouteza foron salvavidas
no
meu mar de bágoas.
Fonte
de auga fresca e pura onde con ela cambia
o
significado de amar e ser amado,
namoreime
perdidamente dese corazón de xeo
dos
seus pétalos dourados.
Seguirei
sen entender o porqué de que me guste
aquilo
que non se ve,
daquilo
que non se pode tocar pero si doe,
non
se abraza pero rompe.
A
música, a distancia e máis ti.
viernes, 23 de diciembre de 2022
BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2023



















































