sábado, 30 de enero de 2021

MESA DAS VERBAS VIRTUAL

 



INVERNO

No inverno
a vida
douta
agóchase debaixo da brancura
da neve

Para saír
humilde
coa luz
da primavera

INVERNO

Choiva
nudez árborea
Poesía confinada
nas raíces

ANDRÉ VILAS


MIGAS DE PAN


 Un voo de pardal 
é a forza que preciso.

 ***
 O vello ceo
 sempre di a verdade.

 ***
 Do lóstrego ao trono,
 acontece un suspiro.

 ***

 Morremos á velocidade da luz?

 ***

 A vida é vida, é viva...
 Ao morrer, un viva!

 ***

PAULA CASCALLAR LATORRE


H* (psi) = E* (psi)

O BOSÓN DE HIGGS

Aí afora está o mundo do pracer e do
diñeiro
E nós condeados ó matadoiro da
xente feliz.
Levamos na fronte o estigma
langranxiano do amor.

Asáltannos bosóns e fermións,
trádannos quarks e leptóns.
A nosa materia gris ferver coma unha
sopa de electróns, muóns e tanóns.

A xente rise da visión subatómica do
espatempo finito e simétrico.
E para nós un bico é unha prácida
chuvia de neutrinos.
E o amor a forza forte da débil
feromona.

Unha mirada pode ser unha invasión
de anduriñas vermellas, verdes e
azuis
que implotan de paixón.

Escoita o up, top, charm do corazón
mentres paseamos ó compás do
doum, stranxe, bottom.
A música é o spín do cariño
na nosa ecuación cuántica das
enerxías en fusión.

RAMÓN TORRADO
30 xaneiro 2021


DONA URRACA, A RAÍÑA DO MONTE LUPARIO

A princesa, ai coitada!
Soia quedou
o seu home finou,
seu namorado.

A princesa, ai coitada!
Soia quedou
amais do seu filliño,
sen compaña quedou.

A princesa, ai coitada!
Soíña quedou
Castela con ela chora,
soia co reino quedou.

Soia quedou
a princesa, ai coitada!
Chora a súa desgracia
soíña polo castelo de Lobeira adiante.

Sen compaña quedou,
amais do seu filliño,
el orfiño de pai;
ai! que tristeira a súa nai!

A princesa dona Urraca, ai coitada!
Soia quedou,
o seu home finou,
seu namorado.

XERMÁN MANUEL TORRES


Bajo el esplendor de Selene
los búhos con su atenta mirada
inician la noche estrellada.

Ráfagas de ramas bailan
sobre los árboles
una danza ancestral.

Grillos con su cricri,
ranas con su croacroa,
luciérnagas alumbrando el camino
que lleva hacia un hermoso lago
donde se refleja el firmamento.

Naturaleza plena en un ecosistema
repleto de duendes y hadas
que vigilan que el bosque
se mantenga vivo y sano.

Pero, al final silencio solamente
se escucha el silencio,
que todos duermen, shhhh.

MARISA JAMARDO


jueves, 21 de enero de 2021

UNHA DÉCADA DA MESA DAS VERBAS


 Primeiro Cartel anunciador da Mesa das Verbas, debido a Andrea Fernández

Fai hoxe dez anos que tivemos nunha sala do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa a I Mesa das Verbas. Estamos de cumpreanos, parabéns a todas as meseiras e a todos os meseiros.
Ofrecemos unha reportaxe fotográfica de Gonzalo Feijoo, que foi notario daquel noso primeiro acontecemento poético, agardamos que sexan moitos máis e que todos os vexamos.
E non podemos esquecer aos nosos queridos poetas mortos, que están vivos na nosa lembranza, foron Manuel Olveira Hortas, María Palacios, Xosé Lois Vila Fariña, Tito Porto, Eduardo Víctor Castro López, José González Moreno son parte da nosa historia, agardo non me esquecer de naide, senón comunicalo e incluiremos aos non nomeados, foi sen intención, a memoria é fráxil. A todos, os que xa se foron durmir fóra e aos que aínda estamos aquí noraboa por ter compartido e ceibado versos ao ar de Arousa e seguiremos ata que o corpo aguante e as ilusións non nos abandonen, que non será o caso.
Sempre avante! Compañeiras e compañeiros: Saúde e poesía!!!
Aí van as primeiras fotos da nosa pequena historia, foron tomadas aquel 21 de xaneiro de 2011 por Gonzalo Feijoo.

Grazas a todos e sobre todo grazas ao Concello de Vilagarcía de Arousa, á Deputación Provincial de Pontevedra, ao Centro Comercial Arousa, aos medios de comunicación social e a todos os que nestes dez anos animaron e seguiron a nosa traxectoria. Sen esquecer ao Liceo Casino de Vilagarcía, que baixo a presidencia do noso compañeiro Alfonso Saavedra Lourido, acolleu e fomentou esta actividade poética durante as primeiras cincuenta e unha edicións.









Se queredes escoitar unha entrevista que Montse García de Radio Arosa mantivo co noso presidente co motivo destes dez anos da Mesa das Verbas clicade aquí e seleccionade o tramo:

1:06:51 - 1:15:52:








domingo, 17 de enero de 2021

MONTE LOBEIRA

 


O nome de monte Lobeira pode vir do latín “lupus”, “cannis lupus”, que significa lobo, de aí monte Lupario: monte Lobeira.

Sobre este monte do noso val do Salnés escribiu unha interesante monografía o noso amigo, xa tristemente desaparecido, Xosé Lois Vila Fariña, cronista de Vilanova de Arousa. E penso que pode atoparse algún exemplar desta obra na Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Vilagarcía de Arousa.

Hai constancia no lugar de restos prehistóricos e nesa montaña xa na Idade Media houbo un castelo relacionado coa raíña dona Urraca e o arcebispo Xelmírez. E disque aínda se conserva o alxibe do castelo medieval.

A cruz instalada hoxe no cumio do Lobeira é na lembranza do naufraxio da flota inglesa e hai alí tamén unha placa conmemorativa.

Nas décadas dos anos 50 e 60 do pasado século XX o Liceo de Vilagarcía organizaba alí unhas populares romarías; as romarías do Lobeira.

No seu mirador pódese contemplar unha das mellores e máis fermosas vistas da Ría de Arousa.

Desde alí, desde o alto era un lugar estratéxico onde na antigüidade vixiábase a costa fronte as invasións normandas.

Escoitei de neno unha lenda sobre o monte Lobeira, unha inquedante historia na boca do meu pai, que en síntese di así:

No monte Lobeira atópanse tres ocos ocultos, se dabas con eles, se os descubrías, nun podíaste facer a persoa máis rica do mundo; pois, nel había un gran tesouro, noutro oco se o abrías, caías doente dun mal estraño ata morrer pois o oco estaba contaminado e o mal estenderíase por todo o mundo. Noutro oco, se tocaba abrilo o mundo sería invadido por uns malos bichos que axiña se estenderían por toda a Terra para a nosa desgracia. Aínda hoxe agardo tela sorte de poder descubrir e abrir, entre estas tres posibilidades, o oco do tesouro, doutro xeito, sería algo terrible; pero para non tentar a sorte é mellor quedar como estamos, pois xa chega de desgrazas.

Outro mito di que o monte está comunicado por medio dun túnel subterráneo co convento das monxas agostiñas, co convento de Vista Alegre de Vilagarcía e vinculado con moitos segredos e peripecias. Disque vai pouco topáronse vestixios do tal túnel, pero sería unha especie de canalización de augas.

Mito e lendas, vaite ti saber cantas historias agocha o monte Lobeira!

Polo interese artístico, histórico e paisaxístico do lugar debera ser un lugar especialmente protexido e coidado para que as xentes poidan gozar dun paraxe tan privilexiado e fermoso. Todos deberamos respectalo, coñecelo e desfrutar del. Un lugar apropiado para ser punto de visita dentro dun roteiro cultural e turístico do Salnés. Que tomen nota os Concellos de Vilanova de Arousa e de Vilagarcía de Arousa, así como a Mancomunidade do Salnés, lembramos do acerto de que a Volta Ciclista a España tivera unha meta alí, cousas así son as que compre facer, pero manter sempre o entorno en condicións para o goce de toda a poboación.

MONTE LOBEIRA

(Poema colectivo de Xermán M. Torres, Tere Briones, Maru Rivadulla, Cándido Maduro, Mª José Rubianes, Paula Cascallar, Augusto Guedes).

 

A raíña dona Urraca olla

desde o outo do seu castelo

cara a fermosa Ría

xa que o seu amado

non chegaba.

 

E ela soíña estaba

no cumio do monte Lobeira

e suspiraba e suspiraba

por alguén que non chegaba.

 

Sentíase triste e soa

sen ganas de sorrisos

pois non viña o seu amado

e tiña ansias de bicos.

 

Onde estás amado meu

que non te vexo chegar,

a miña alma chora,

canto terei que agardar?

 

Xa me tes amada miña

neste aire que respiras,

neste vento que te aperta,

nestes ollos que te miran.

 

E alí estaba, ao pé do monte,

cantándolle, cal trobador,

aquel amor namorado,

da raíña con desdén,

que non lle facía ningún caso.

 

Entón derrubáronse os corazóns

de tanta pena que soprou Urraca

e da espiña do home

agromou unha cruz,

mastro do Lobeira,

partiu o navío do amor

sucando os ceos dese val

tan fondo coma a historia,

cuxos camiños son a vellez da raíña

e os ríos sangue puro do amado

cuxo nome é Salnés.

 

E nun soño do sal

na beira do mar

encallaron ao se bicar.

 

E a cruz ergueuse senlleira

facho que alumea as noites tristes,

sinal aberto ás ondas arousás. 









martes, 12 de enero de 2021

ORDINARY ASSEMBLY OF THE MESA DAS VERBAS - ASEMBLEA ORDINARIA DA MESA DAS VERBAS

 


 Como presidente da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa teño a ben convocar ASEMBLEA ORDINARIA para o sábado 30 de xaneiro de 2021, ás 19:00 h. en primeira convocatoria e ás 19:30 h. en segunda na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, coa seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta/s anteriores.
2.- Informe do presidente.
3.- Balance económico
4.- Proposta de establecemento dunha cuota anual de socios
5.- Rogos e preguntas

ASDO.- Germán Manuel Torres de Aboal

BALANCE ECONÓMICO 2020

HABER: ... ... ...   475,13 €

DEBE: ... ... ... ..   193,92 €

SALDO: . ... ... ..   281,21 €

Así se pechou o exercicio económico de 2020.
PODEDES OLLAR AS DÚAS PÁXINAS DO LIBRO DE CONTAS DA ASOCIACIÓN:




sábado, 9 de enero de 2021

FOISE JOSÉ GONZÁLEZ MORENO


Como soe dicir noso admirado amigo Xesús Alonso Montero, foi durmir fóra o noso querido amigo e compañeiro JOSÉ GONZÁLEZ MORENO, rapsoda e poeta. Permanecerá por sempre na nosa lembranza este andaluz que poñía paixón e poesía nas sesións da Mesa das Verbas desde as súas primeiras edicións. Era un persoa amable, educada, bo amigo. Como bo andaluz amaba a poesía, o sol e a festa dos touros (acudía sempre que podía ás xornadas taurinas en Pontevedra) e cando eu era Vicepresidente e encargado de Cultura no Liceo Casino de Vilagarcía solicitoume o salón do Liceo para facer unha exposición sobre carteis e materiais da festa dos touros e creo que chegou a facer alí tres exposicións, unha xa vai moitísimos anos e dúas no mandato de Alfonso Saavedra, eu non son de touros, pero esta festa para algúns ten moito de cultura e de tradición moi antiga e para satisfacer ao amigo José González fixéronse as exposicións. A min gustábame moito como recitaba a García Lorca con esa gracia andaluza que levaba moi dentro. Para José González Moreno, in memoriam. (No nome de todas e de todos os compoñentes da Mesa das Verbas, Xermán Manuel Torres).



José en plena faena



José e máis eu acompañando a Zeluchi Zambrano, nun seu recital en Vilagarcía


Poema a la memoria de Francisco Rivera Paquirri

  

Tú, gran torero de esta tierra

de sol alegre, guitarra, flamenco

y grandes artistas.

Viniste al mundo con el

arte de Cuchare, tú naciste lo que fuiste

torero de gran pureza como los diamantes

y por eso marchaste pronto

como todo lo bueno marcha.

 

Torero de arte y tronío, tu capote y muleta

embriagaban el Sol y la Luna,

tus muñecas y cintura flexible

como una caña de bambú.

Ya no estás para deleitar

a todos aquellos que tuvimos la suerte

de poder gozar de tu arte, pero sí, nos queda

la imagen de tu planta de gran torero.

 

¡Oh, Dios mío! Mi corazón llora por la muerte

de Paquirri, de ese gran torero

andaluz. La Tauromaquia está de luto

y llora por tu ausencia, porque te fuiste,

todo tu arte se esfumó como una

bocanada de humo, sólo queda

el recuerdo de un matador de gran tronío.

 

Tu recuerdo me hace llorar, no,

no te puedo olvidar, tú no te has ido,

tú sigues aquí con los tuyos, como siempre

de plaza en plaza, dibujando tus largas cambiadas

y todo un recitar del arte del toreo.

 

Oye, Francisco, te acuerdas de aquella tarde

en Pontevedra que tu me decías, mira Pepe

la próxima le cortaré las dos orejas y rabo.

Pero, no, no, no llegó ese día, tú te has marchado

como todos los muertos marchan para no volver.

Pero, en la Tierra te seguiremos recordando

como igualmente en el Libro de la Historia

pinceles, cinceles de pintores, escultores

y pluma de los poetas. 


José González Moreno

jueves, 7 de enero de 2021

PERFOMANCE DE PAULA CASCALLAR

 Paula Cascallar Latorre agasallounos coa seguinte proposta estética, por medio do seu monólogo QUERER OU NON QUERER:



Imaxe de Alberto Avendaño


E o seguinte vídeo de Xermán Manuel Torres subido a youtube por Paula Cascallar:


https://youtu.be/YE8-R3GffaU