Ás cinco da tarde, a hora antes do recital, teremos xuntanza da directiva da Mesa das Verbas na mesma Sala de Conferencias, para, entre outros puntos da orde do día, tratar sobre as actividades para o curso 2025/2026.
PROGRAMACIÓN - 2025/2026
Sábado, 27/09/2025 18:00 h.: CLIV Mesa das Verbas - Sala de Conferencias
- Venres, 31/10/2025 18:00 h.: CLV Mesa das Verbas - Sala de Conferencias
- Venres, 21/11/2025 18:00 h.: CLVI Mesa das Verbas - Sala de Conferencias
- Outubro-Novembro-Decembro: V premio de Poesía en Lingua Galega Xaquina Trillo
- Concurso de Contos de Nadal
- Concurso de Cartas de Amor
- * II Concurso de composición de textos teatrais en lingua galega MANUEL REY POSSE
- VII Concurso Literario Letras Galegas - 2026 (solicitamos a colaboración do Concello aportando tres agasallos).
- Carpa do Día do Libro: Praza de Galicia, xoves, 23 de abril de 2026 11:00-14 hs.
- Participación na 6ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO
- Poesía na rúa, praza de Galicia, sábado, 1 de agosto de 2026
- Lembranza da estadía de Lorca coa Barraca en Vilagarcía de Arousa, 29/08/1932-29/08/2026, na Praza da Peixería 20:30 h.
- Parladoiros semanais os venres no Gambrinus do Centro Comercial de Arousa
- Recitais Poéticos: MESA DAS VERBAS, últimos venres de cada mes
- Publicación de 2 números anuais da revista ANACO, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Estudiadeo, esta é a proposta que someteremos á directiva do sábado, 27 de setembro de 2025, ás 17:00 h., antes da celebración da CLIV Mesa das Verbas.
27/09/2025 17:00 h.:
Tivemos unha agradable e produtiva xuntanza da Directiva, aprobouse, entre outras cousas, a programación de actividades deste curso 2025 / 2026.
Tamén desexamos organizar cara a primavera de 2026 a Xira en Rianxo en homenaxe do poeta Manuel Antonio e da súa obra: De catro a catro. Que se realizará se xuntamos un mínimo de 15 participantes.
18:00 h. 19:30 h:
Levouse adiante un interesante e agarimoso recital poético en lembranza de Antonio Machado e da súa obra, acompañados magnificamente pola pianista e poeta Raquel Senín Sánchez. Ceibaron os seus versos ao ar:
1.- Maru
2.- Ramón Torrado
3.- Carmen Castejón
4.- Al Guanella
5.- Charo Orive
6.- Manuel Lage
7.- Isabel Peleteiro
8.- Luismi
9.- Pilar Lojo
10.- Roberto Abal
11.- Sole
12.- David
13.- Nasuko
14.- Marcelino Romero
15.- Augusto Guedes
16.- Tere Briones
17.- Lois do Salnés
18.- Xermán Torres
A asistencia foi de 25 persoas.
Neste microvídeo, xentileza de Pilar Lojo, cantando (ao noso xeito, a nosa versión) o poema CANTARES de Machado, musicado por Joan Manuel Serrat (que se nos perdone o atrevemento, é unha cariñosa lembranza de Machado e un agradecemento a Serrat polo seu magnífico disco dedicado ao noso admirado e respectado don Antonio Machado)
Logo do recital, algúns acompañamos á nosa amiga Maru para celebrar os 40 anos da Coral Rosalía de Castro.