sábado, 18 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA AMIZADE


(Amor, lealdade, sacrificio, complicidade, fidelidade, sinceridade, comprensión...)

RECIBE,

A miña rosa das verbas,
pintada de xaspe etéreo,
como pintan nosos soños,
as sete cores do ceo.

A miña rosa nacida,
no xardín dos meus desexos,
de ter a alguén que me ten,
e de saber o que eu teño.

A miña rosa que ten
o talo de espiña espido,
que xamais podera ferir
a amizade dun amigo.

J.R. QUINTÁNS 



Vai tamén por Luz Pozo Garza, recoñecida poeta galega, quen en palabras do noso querido amigo Xesús Alonso Montero durmeu fóra. (20/04/2020)

miércoles, 15 de abril de 2020

POEMAS DE TERE BRIONES BERRIDY




A TI, MARÍA

Fuiste María, gran educadora,
amiga y compañera, muy leal,
tu cuerpo a la ciencia donaste al final,
desprendida, honesta, luchadora.

Haberte conocido fue una suerte,
tu buen hacer pude saborear,
generosa y siempre dispuesta a dar,
gran persona, sublime y coherente.

En Carril al peregrino mencionaste,
estabas realmente complacida,
el discurrir... el llegar a la meta...

Tu poesía y quehaceres dejaste,
era el fin del camino, de la vida,
al Señor comparecías dispuesta.



La alegría y el amor difundiste,
amabas las flores, la luz, a Galicia,
los amigos, el calor y la risa
en tus escritos nos lo transmitiste.

Hasta pronto, sigue haciendo sonetos,
¿quién me lo iba a decir, María?
que el siguiente a ti dedicaría,
estos fueron tus últimos consejos.

Nos proporcionaste bellos momentos,
eternamente endeudados contigo,
confiamos que en Gloria estés, amiga.

Compartiendo nuestras "verbas" y eventos,
entregada por siempre a los amigos
y disfrutando mucho de este día.


 22 de febrero de 2014

lunes, 6 de abril de 2020

POEMA DE J.R. QUINTÁNS





O INFERNO É UNHA VERDADE QUE SE APRENDE DEMASIADO TARDE

NOS TEMPOS ESCUROS
A luz dun amigo pode alumearte,
unha soa verba sérveche de facho,
e o seu amor non quere perderte,
nos sonos da noite dalgún negro cuarto.

Pero se ese amigo o teu nome esquece,
e deixa ao tempo matar a esperanza,
alí o mal triunfa, a desidia vence,
a amizade morre e xa todo é nada,

NESTES TEMPOS MALOS
Florecen as verbas dos que son amigos
cando plantan herbas de verde tenrura,
e os froitos da calma enchen os ouvidos,
con ríos de palabras cheos de dozura,

Pero se o silencio é o teu compañeiro,
e deixoute só a voz esperada,
caeranche as bágoas dicíndolle ao ceo,
a amizade morre e xa todo é nada,

NOS TEMPOS CONVULSOS
Non morren as flores que colgan das ramas
nin calan seu canto as rochas e a auga,
e bríndanche as cores bolboretas cansas,
que traen primavera a túa ventá.

Pero ti querías a flor da palabra,
o canto sincero dunha gargallada,
mais, se non hai notas que calmen a alma
a amizade morre e xa todo é nada,

NESTES MOMENTOS
No tempo que vives en ti confinado,
descobres a cova da cruel soedade
e pides esmola dun xesto, de algo
e aprendes a golpes a triste verdade,
que o Inferno existe e está ao teu lado,
e chegas a velo demasiado tarde.   

jueves, 2 de abril de 2020

POEMA DE PAULA CASCALLAR LATORRE




SANTA MARIÑA

Tres picos no corazón,
tres fontes d’auga bendita,
tres veces dixo o credo
a mártir Santa Mariña.

Seu corpo contra o imperio
deulle a Allariz a vida;
o gobernador romano
na súa alma non cría.

Era unha mimosa flor,
da veciñanza a alegría
coma a chuvia criadeira
a flor bonita do día.

Botábase á labranza.
Orfa da súa mamaíña,
non conseguiu máis colleita
cós amores da Galiza.

Debaixo dun vivo roble
sentaba fía que fía:
Olibrio con peites de ferro
non foi quen de posuíla.

Mariña era a natureza;
a auga tocaba a lira,
o tambor, coma a parede,
eran a pel da meniña.

Ana non puido facer nada
máis que tomala por filla
ate que, incluso o pai mouro,
tomárona por sandía!

Pra lixa-la súa pureza,
azoutes e maravillas:
os de alí tamén calaron,
as torturas foron ditas!

Moito pensou no cabozo
aquilo que era a xustiza,
o que tal fora o amor...
O que a soidade consinta!

Cinguida polo pescozo
tivo na voz unha espiña:
“quen me queira, que me acuda”,
mais non houbo quen a oíra!

A muller quere vestir
aquelas roupas que ardían,
ser peixe daquel estanque;
que San Pedro vai acudila!

Saborosa coma o pan,
debeu de parecerlle rica:
meteuna dentro do forno...
afogándose na cinsa.

Non abrandou o corazón
da pobre Santa Mariña
o desexo do infiel
que lle veu quitar a vida.

Por ela pasaron penurias,
primaveras reverdecidas,
e augas que fixo santas
coa súa fe convencida.

A moito que a maltrataron,
curouse das súas feridas;
mais a dor do seu sentir
os quince anos cumpría.

O santuario que está alí,
o musgo e mailas herbiñas,
son a memoria da santa,
pois ela non tiña familia...

Dixo: credo, credo, credo!
E así se lle decapita:
tres fontes fixo nacer,
das que sempre se bebía.


sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA-21-03-2020

Na primeira semana de confinamento e como homenaxe a todos; xuntos sairemos desta. Teriamos que estar en Catoira ceibando os versos ao ar; pero, sen dúbida volveremos a Catoira coas naos victoriosas rubindo de Cortegada polo Ulla ata arribar ás Torres do Oeste, claro que iremos a Catoira, verémonos todos alí!



MANTA FARRAPEIRA DE DESEXOS E ESPERANZAS

Nesta moura primavera
na que todos imos tristes
quero estar a túa beira
para ver como resistes.

As palabras son grinaldas
de esperanzas e paixón.
Calan silencios as albas,
amor tece o corazón.

Namentres sinto a vida
como a delicada flor
que espera por ese día,
pola divina man do sol
frorecerá a esperanza.

Pode que o mal apareza
por un camiño sen lindes
e que de ti me esqueza
a pesar do que te quixen.

Estás lejos, pero cerca
mi corazón te abraza hoy
en el fragor de la batalla
tu estela me persigue.

Saldremos triunfantes
de esta lucha juntos
y con el corazón
por delante.

Cambiará el mundo, 
seremos fuertes.

Quand tu me manques,
je mets ma main
sur mon coeur
et je ferme les yeux,
car je sais
que c'est le seul endroit
où tu existes toujours... 

Agardan as miñas vellas maletas
non hai terra prometida...

Hoxe, día da poesía
ti non deberías estar
aquí coronavirus;
pois, a poesía é sentimento
e ti non tes ningún.
Vaite xa!

Déixanos desfrutar
das cousas belidas,
da Natureza
das cousas familiares
e de todas as cousas
boas da vida.

E ti non tes ningún
só traes enfermidades,
sufrimento, dor, morte.
Non te queremos!

Neste solpor de ventos mareiros
que os deuses paren as penas
e premien nosos poemas.


COMPARTIRON VERSOS E VERBAS NESTE DÍA:

Xermán Manuel Torres, Tere Briones, Ramón Torrado, Luis González, J.R. Quintáns, Paula Cascallar, Blanca, Sylvie Rico, Augusto Guedes, Carmen Darriba, Jean Carballo, Marisa Jamardo.

SAÚDE E POESÍA


lunes, 16 de marzo de 2020

SAIREMOS DESTA!

En París retratado por Carme Sánchez preto da estatua de W. Churchill


Cando che digan
que son tempos difíciles;
que esto é a fin,
que estamos na noite dos tempos.

Berra con forza:
sairemos desta!

Porque parece que non temos remedio,
que a Humanidade non ten solución
que o Homo Sapiens é un depredador,
que non facemos máis que crear problemas!

Berra con forza:
sairemos desta!

Pasamos por moitas,
hai xente que sofre.
Houbo e hai guerras e pandemias,
somos egoístas e materialistas.

Sairemos desta!
Aínda que nos coste:
"Sangue, suor e bágoas".

XERMÁN MANUEL TORRES
16/03/2020  20:00
En estado de confinamento

Non hai que ter medo da pobreza nin do desterro, nin do cárcere, nin da morte. Do que hai que ter medo é do propio medo. (EPICTETO)

viernes, 6 de marzo de 2020

PARLADOIRO-06-03-2020

Seguimos a celebrar todos os xoves o parladoiro, unha pequena reportaxe gráfica dalgúns dos que estivemos este pasado xoves: