SANTA MARIÑA
Tres picos no corazón,
tres fontes d’auga bendita,
tres veces dixo o credo
a mártir Santa Mariña.
Seu corpo contra o imperio
deulle a Allariz a vida;
o gobernador romano
na súa alma non cría.
Era unha mimosa flor,
da veciñanza a alegría
coma a chuvia criadeira
a flor bonita do día.
Botábase á labranza.
Orfa da súa mamaíña,
non conseguiu máis colleita
cós amores da Galiza.
Debaixo dun vivo roble
sentaba fía que fía:
Olibrio con peites de ferro
non foi quen de posuíla.
Mariña era a natureza;
a auga tocaba a lira,
o tambor, coma a parede,
eran a pel da meniña.
a auga tocaba a lira,
o tambor, coma a parede,
eran a pel da meniña.
Ana non puido facer nada
máis que tomala por filla
ate que, incluso o pai mouro,
tomárona por sandía!
Pra lixa-la súa pureza,
azoutes e maravillas:
os de alí tamén calaron,
as torturas foron ditas!
Moito pensou no cabozo
aquilo que era a xustiza,
o que tal fora o amor...
O que a soidade consinta!
Cinguida polo pescozo
tivo na voz unha espiña:
“quen me queira, que me acuda”,
mais non houbo quen a oíra!
A muller quere vestir
aquelas roupas que ardían,
ser peixe daquel estanque;
que San Pedro vai acudila!
aquelas roupas que ardían,
ser peixe daquel estanque;
que San Pedro vai acudila!
Saborosa coma o pan,
debeu de parecerlle rica:
meteuna dentro do forno...
afogándose na cinsa.
Non abrandou o corazón
da pobre Santa Mariña
o desexo do infiel
que lle veu quitar a vida.
Por ela pasaron penurias,
primaveras reverdecidas,
e augas que fixo santas
coa súa fe convencida.
A moito que a maltrataron,
curouse das súas feridas;
mais a dor do seu sentir
os quince anos cumpría.
O santuario que está alí,
o musgo e mailas herbiñas,
son a memoria da santa,
pois ela non tiña familia...
o musgo e mailas herbiñas,
son a memoria da santa,
pois ela non tiña familia...
Dixo: credo, credo, credo!
E así se lle decapita:
tres fontes fixo nacer,
das que sempre se bebía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario