Paula, na súa Ansia de Luz alude a maioría dos elementos da tradición xacobea desde unha perspectiva moi persoal e orixinal, cun enfoque laudatorio do que supón a riqueza xacobea para Galicia, incidindo na riqueza espiritual e inmaterial. Tampouco está ausente unha ollada crítica e intimista; lírica.
Deixamos que os seus versos xacobeos nos falen e movan nosos corazóns e sentimentos.
Paula é unha artista moi creativa e completa, moi sensible. Reclama amor e atención, pensa con ensoñación que o propio Santiago é o seu mociño; pois, vese precisada de afecto (como todos); ela busca, é unha persoa con inquedanzas.
Xa ten unha calidade literaria máis que aceptable e posúe xa certa obra en cantidade e calidade; sen dúbida, o paso do tempo e a práctica literaria axudaránna a se consolidar como unha sensible e grande artista.
Parabéns, Paula, e segue a gozar da túa creatividade, facendo tamén desfrutar aos demais.
A nosa amiga e compañeira Paula Cascallar Latorre comparte, neste Día Internacional do Libro, unha súa publicación sobre Compostela que podedes ver, clicando aquí:
FELIZ DÍA DO LIBRO!
A CERVANTES QUE QUERÍA SER POETA
No hay comentarios:
Publicar un comentario