Eduardo Víctor Castro en actividades culturais do Liceo Casino de Marín
Foise o noso amigo Eduardo Víctor Castro López, un dos compoñentes da Mesa das Verbas, un poeta de raza, de xenio, cunha voz baril e comprometida. Como dí o noso amigo Alonso Montero en expresión por el acuñada: foi durmir fóra. Que a terra lle sexa leve e que alá no Ceo, no Olimpo siga a ceibar seus comprometidos versos ao ar. O noso cariño e agarimo para toda a súa familia, esposa, fillos e netos, son momentos difíciles e tristes; pero el quérenos fortes e loitadores. Ánimos!
Agora
os versos de Tito, dun poema que lembra a visita da Mesa das Verbas a
illa de Cortegada, e que me enviou por medio do amigo común Carlos
Álvarez Puga, Tito di así:
II
VISITAMOS CORTEGADA
Foi
un nove de agosto
-volo
quero recordar-
visitamos
Cortegada
serea
do Ulla e do mar.
Aproando
cara ao norte,
puxémonos
a navegar!
a
Praia de Compostela
saudounos
ao pasar.
Gardiáns
da Ría de Arousa
con
celo a nos vixilar:
Barbanza
Xiabre e Lobeira,
as
gaivotas dende o ar.
A
popa e a estribor as poetisas
de
doce cantaruxar,
a
proa e a babor os poetas
de
mariñeiro rimar.
Pilotaba
a lancha motora
con
pericia e saber estar,
o
Patrón Maior de Carril,
digno
de agasallar.
Un
abrir e pechar de ollos
tardou
o barco en chegar,
no
pantalán atracamos,
xa
deixara de orballar!
Vestidas
de hedra e carriza,
non
ben a illa pisar,
a
capela hospital e casiñas
da
aldea do lugar.
Alí
dedicámoslle versos
á
Corticata insular
os
membros da “Mesa das Verbas”
de
requintado piar.
Non
asistiu a este acto
como
invitado estelar,
o
conspicuo Alonso Montero,
persoeiro
singular.
Rematado
o recital
presto
botamos a andar:
a
foresta paradisíaca,
edénica
a beiramar.
Amais
de piñeiros carballos
e
salgueiros proliferar,
un
gran bosque de loureiros
que
en Europa non hai par.
E
se de fungos falamos,
especies
danse a fartar,
segundo
os da “Cantarela”
pasan
do medio millar.
Porcos
bravos e torcazas,
que
maneira de abundar!
dos
primeiros que o digan
as
xentes de mariscar.
E
se vestixios citamos,
merecente
salientar
que
ánforas se atoparon
na
contorna do lugar.
Do
presunto peirao romano
moi
doado imaxinar
os
seus vetustos alicerces
nas
secas da beiramar.
Asimesmo
fermoso pazo
poderiamos
contemplar,
se
Alfonso XIII aceptase
Cortegada
como soar.
Máis
cousiñas habería,
máis
cousiñas que contar,
pero
déixoas no caletre
que
vos podedes cansar.
Case
disipada a néboa
tornamos
ao Club de Mar,
onde
brinde alí fixemos
tras
exquisito xantar.
“Foi
un nove de agosto
-volo
quero recordar-
visitamos
Cortegada
Eduardo Víctor Castro López (+ 25/04/2020). In memorian.
No hay comentarios:
Publicar un comentario